29 jun 2009

Vilasouto estrea o verán completamente cheo.

O encoro de Vilasouto está ao 100% da súa capacidade. Entrou no verán con 21 hectómetros cúbicos de auga, un máis que a semana pasada. Durante estes días, estivo tan cheo que incluso rebordou en varias ocasións por riba da presa, situada no término municipal do Incio e no cauce do río Mao.
É a primeira vez nos últimos doce meses que este encoro se enche por completo. Desde o outono e durante todo o inverno conservou unha porcentaxe de ocupación superior á media dos últimos años. O mes de xaneiro empezouno con trece hectómetros cúbicos, que representan perto dun 60% da súa capacidade total.
O ano pasado por estas datas, Vilasouto estaba ao 90% e acumulaba dezanova hectómetros cúbicos de auga, e na Confederación Hidrográfica do Miño consideraban que era unha boa cantidade para afrontar a parte seca do ano con garantías de suministro para o regadío Val de Lemos, que é a principal función deste encoro.
La Voz de Galicia

No hay comentarios: