Segundo un estudio da Consellería de Medio Rural, o concello do Incio estaría considerado xunto con outros 12 concellos da provincia de Lugo como "zona de especial risco de abandono" (zera) de superficie agraria útil. A provincia cun maior número de concellos nesta situación é Ourense seguida de Lugo e Pontevedra.
Datos extraídos de La Voz de Galicia
17 jun 2008
11 jun 2008
Reservas de auga
Actualmente, o encoro de Vilasouto, no Incio atópase cunhas reservas de auga que rondan o 90% da súa capacidade. Estamos a falar dunhas cifras que superan a media doutros anos polas mesmas datas.
3 jun 2008
Noitebús
De novo o concello do Incio volve quedar sen servicio de Noitebús para desplazar ós rapaces e rapazas do concello á Sarria e Monforte nas xornadas nocturnas de sábado. Desta vez a Xunta de Galicia destina 4,2 millóns de euros para financiar este servicio ata 2009.
1 jun 2008
Festa dos avós e da familia
O pasado sábado 31 de Maio celebrouse no polideportivo do colexio a 18º edición da Festa dos Avós e da Familia. Un ano máis, foron arredor de 600 persoas as que disfrutaron dunha xornada de festa que comezou arredor das dúas da tarde coa tradicional comida e a homenaxe ás persoas máis lonxevas do concello e que continúou ata as oito da tarde coa fantástica actuación da orquestra ALTO STANDING de Asturias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

