7 may 2008
Festas da Sta. Cruz
Como todos os anos, o prmeiro fin de semana do mes de Maio celebráronse as festas da Sta. Cruz na Cruz do Incio. Os actos comezaron o venres día 3 cunha pancetada e queimada amenizada polo dúo Luna. A festa continuou o día 4 coa misa e procesión ó mediodía e a festa nocturna coas orquestras Tambo e Casablanca. Finalmente, o domingo 5 púxose punto e final a estas festas coa actuación da Banda de música de Paradela durante a mañá e a tarde; pola noite, destacar a actuación da Oquestra da TVG e da Cinema.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

